Publicador de contidos
Publicador de contidos

A superpoboación de xabaríns, un problema no agro, na estrada e nas cidades

A superpoboación de xabaríns, un problema no agro, na estrada e nas cidades

O cambio climático, a seca e o abandono do monte duplicou as camadas anuais 

G24.gal 01/09/2023 20:48 Última actualización 01/09/2023 21:03

A superpoboación de xabarís é unha realidade. Cada vez é máis común a súa presenza en zonas urbanas. Pero son animais silvestres e os expertos din que hai que evitar por todos os medios que se habitúen a convivir co home.

"Coa exposición entenden e aprenden que non somos perigosos, o cal, combinado co acceso ao alimento, pode facer que se instalen nas contornas urbanas e críen nelas", explica o Grupo Naturalista Hábitat.

O xabaril só ten un depredador natural, o lobo. É unha especie en expansión en boa parte de Europa. Segundo o Instituto de Investigación de Recursos Cinexéticos en España había o ano pasado máis dun millón de exemplares e a cifra podería duplicarse en 2025.

"Cada vez hai máis xabarís. Causan accidentes na circulación, como se está vendo en toda Galicia. E tamén lles causan danos aos agricultores, sobre todo nas colleitas de millo", din na Federación de Caza da Coruña.

Pero a caza tampouco é suficiente para atallar a superpoboación de xabarís. O cambio climático e a seca xunto coa abandono das actividades no monte fixo que pasaran de ter de unha a dúas camadas cada ano.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade