Publicador de contidos
Publicador de contidos

A solidez de Támara Echegoyen permítelle encamiñar a presenza nos Xogos

A solidez de Támara Echegoyen permítelle encamiñar a presenza nos Xogos

A terceira xornada do Mundial de vela da Haia deixou a parella española do 49er FX na oitava posición

G24.gal 13/08/2023 16:46

A pontevedresa Támara Echegoyen e Paula Barceló están amosando unha gran regularidade. A terceira xornada da categoría 49er FX volveu amosar as boas sensacións da parella española. Nas tres regatas disputadas acadaron un 11º, un 7º e un 4º posto. Esta secuencia sitúaas no oitavo posto da xeral.

Aínda quedan dúas xornadas (6 regatas) e a Medal Race pero Echegoyen busca encamiñar o primeiro obxectivo. Clasificar o barco entre os dez primeiros para garantir a presenza nos Xogos de París. Agora mesmo ten unha vantaxe de nove puntos para acadar o obxectivo. 

O segundo é lograr unha das medallas, aínda que, de momento, están un pouco lonxe dese reto. Os metais están nos 29 puntos e a parella española ten 44. Precisa remontar na parte final nas tres xornadas que quedan de competición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos