Publicador de contidos
Publicador de contidos

A suba dos xuros hipotecarios do último ano derivou nun aumento do risco de impagos

A suba dos xuros hipotecarios do último ano derivou nun aumento do risco de impagos

As cotas das hipotecas variables incrementáronse un 9,6 % entre 2022 e 2023

 

G24.gal 08/04/2024 14:42

A relación cos bancos, no que a hipotecas se refire, segue sendo tensa.

"Non paga a pena deberlle tanto ao banco".

Entre 2022 e 2023 a cota das familias cunha hipoteca variable incrementouse un 9,6 %.

"Eu non a teño pero oes comentar e fatal. Subiu uns cento e pico euros que iso para unha familia normal de dous soldos é unha pasta".

Aumentou o esforzo que teñen que facer as familias e tamén o risco de impagos.

"Cando sobe o tipo de xuro a carga mensual elévase e as posibilidades económicas son as que son polo que sempre vai relacionado: subida dos tipos de xuro, subida de impagos", explica Salustiano Velo, decano do Colexio de Economistas de Lugo.

Son moitos os afectados, porque ata o 2021 o máis común era ter unha hipoteca variable.

"Tíñamos unha hipoteca a tipo fixo e parecía que perdiamos cartos pero a longo prazo viuse que non era así e non nos subiu a cota".

Agora, para evitar sustos, todos se decantan polas hipotecas fixas, pero acceder a elas non é sinxelo.

"Eu téñoa dende este ano e é a tipo fixo. Cando a collín estaba ao tres e medio case catro".

"É certo que o tipo fixo está máis caro que anos anteriores pero é un mercado que sempre está flutuando".

"Os tipos de xuro das hipotecas están inviables".

Para este ano, os economistas son máis optimistas, prevén unha diminución dos tipos de xuro que alixeirarán as cargas hipotecarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade