A supresión do voto rogado está sendo moi ben recibida na emigración
A supresión do voto rogado está sendo moi ben recibida na emigración
Na Arxentina recibiron a noticia con moito entusiasmo e confían en ter un maior protagonismo no futuro
Alegría e moita expectación na comunidade galega da Arxentina e doutros países pola supresión do voto rogado.
Nos últimos once anos, a participación electoral dos galegos que viven no estranxeiro non parou de descender.
O peor dato ocorreu nas últimas eleccións á Xunta de Galicia, cando tan só votou o 1 % dos galegos censados no estranxeiro.
Esa cifra contrasta co 30 % que participou nas eleccións autonómicas do ano 2009, as últimas antes da aprobación do voto rogado.
Agora, coa derrogación desta normativa, os galegos que viven no exterior terán un papel fundamental nas próximas citas electorais.
Os trámites máis sinxelos seguramente animen á participación, especialmente entre as segundas e terceiras xeracións de galegos.
Segundo os últimos datos oficiais, hai máis de 460.000 galegos inscritos para votar no estranxeiro. A maioría deles vive na Arxentina, onde máis de 160.000 galegos poderán votar nos próximos comicios con moita maior facilidade.
Nese sentido, as organizacións galegas da Arxentina recibiron con moitísimo entusiasmo a noticia e confían en ter un maior protagonismo no futuro.