Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tarde máis longa do ano foi a deste mércores

A tarde máis longa do ano foi a deste mércores

O solpor é ás 22:20

A posta de sol no faro de Fisterra
G24.gal 28/06/2023 21:22 Última actualización 28/06/2023 21:32

En contra do que se cre, a posta de sol máis tardía do ano non é nin o día da entrada do verán, o 21 de xuño, nin a noite de San Xóan; foi este mércores, cando o sol se perdeu no horizonte ás 22:20. 

A explicación é que a terra non circula á mesma velocidade todo o ano arredor do sol e tampouco xira en forma de circunferencia perfecta, faino en elipse.

E aínda que non sexa o día máis longo do ano, cada vez son máis os que acoden a contemplar os atardeceres desde lugares privilexiados.

A Costa da Morte é nesta época do ano o lugar da Europa continental onde máis tarda en poñerse o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos