Galiciencia, a maior feira científica do país, reúne máis de 5.000 participantes
Galiciencia, a maior feira científica do país, reúne máis de 5.000 participantes
O recinto de Técnopole, en San Cibrao das Viñas, reúne durante tres días unha variada oferta de concursos, obradoiros e desafíos científicos e espectáculos de ciencia
Arrancou Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, co obxectivo de achegarlle a ciencia a xente máis nova. Este ano bate marcas de participantes, máis de 5.400.
Os estudantes de primaria, secundaria e bacharelato levan meses preparando os seus proxectos de investigación, e agora durante tres días teñen a oportunidade de achegárllelos o público.
Pódese participar en liña, pero tamén de xeito presencial na Tecnópole, onde se poden ver ata cincuenta propostas diferentes.
Hai concursos, obradoiros e desafíos científicos e espectáculos de ciencia. Este ano coa madeira como temática de referencia.