Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Temporada Lírica da Coruña trae ao Teatro Colón a ópera cómica L'elisir d'amore

A Temporada Lírica da Coruña trae ao Teatro Colón a ópera cómica L'elisir d'amore

Entre o elenco, figuras galegas: amais do barítono Luis Cansino, outras que emerxen con forza, como a soprano Susana García

G24.gal 24/09/2024 21:25

Regresa á Coruña unha das óperas máis populares do repertorio do xénero: O elixir do amor, de Donizetti. Desta volta baixo a dirección de Víctor García Sierra.

"Víctor intentou coidar moito os cantantes. Eu creo que ao público lle vai gustar esta produción trasladada a un circo cos cadros e a estética de Botero", di o barítono Luis Cansino.

O tenor mexicano Ramón Vargas interpreta a Namorino, campesino protagonista da historia. "É o mozo namorado, inxenuo, pero convencido de que o amor pode conseguirse desde a honestidade".

Entre o elenco, figuras galegas: amais do barítono Luis Cansino, outras que emerxen con forza, como a soprano Susana García. "Para min é unha sorte participar cos meus compañeiros e non teño dúbida de que vai gustar moito".

Para Cansino: "É un acerto que se programen este tipo de títulos nunhas épocas de tanta barbarie".  

Sobre o escenario, Cansino é Dulcamara: o charlatán que vende o suposto elixir que cumpre os desexos de quen o merca.

Esta divertida ópera contará na parte musical co coro Gaos e a Sinfónica de Galicia. A cita, o venres e o domingo no Teatro Colón da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade