Publicador de contidos
Publicador de contidos

A terraza que se derrubou en Palma era ilegal e presuntamente estaba sobrecargada

A terraza que se derrubou en Palma era ilegal e presuntamente estaba sobrecargada

Os datos da investigación poñen en cuestión a cuberta sinistrada, na que xa se detectaran irregularidades hai anos

Só seis feridos permanecen internados en hospitais e todos evolucionan favorablemente

G24.gal 25/05/2024 21:04

As mostras de solidariedade amoréanse no chan ante outra traxedia nunha zona turística que puido ser evitada. O Miami Beach de Palma tiña licenza para restaurante, pero operaba como club de praia. Primeira transgresión á normativa.

Ademais, todo parece indicar que a terraza estaba sobrecargada. Un arquitecto técnico presente no lugar, de nome Antonio, apunta cara á armadura desa terraza:

"Unha previsión de quilaxe por metro cadrado que seria de cen quilos cando tería que ser de cincocentos quilos por metro cadrado. Entón, que pasa? Se o ti o enches de xente, a xente empeza a saltar ou algo polo estilo e eleva o peso".

Ante o edificio sinistrado tamén aparece este home, que culpa ao propietario austríaco do negocio de avaricia e de non gastar o suficiente en seguridade.

"Sabía que estaba así, por iso chamou o meu amigo para arranxar o teito e resulta que o meu amigo díxolle: non, tes que contratar un enxeñeiro e un arquitecto. E como ía de listo, a súa avaricia, a súa cobiza custou a vida de varias persoas".

Os veciños e visitantes habituais da zona viven entre a sorpresa e a indignación o ocorrido.

"Estabamos aquí e bañámonos aquí todos os días nestas praias e quedamos abraiados cando vimos que isto se derrubaba e se viña abaixo", sinala unha muller.

"Eu levo vivindo moito anos aquí e nesta avenida hai moitos que están facendo o mesmo", comenta outra aludindo a máis negocios desta área que están puideran estar en condicións semellantes.

Pero a vida segue, como se o dixerira todo axiña, e o lugar do sinistro contrasta cun día de praia normal ao outro lado da rúa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade