A tradición imponse este sábado en Chantada, que acolle o Folión de Carros
A tradición imponse este sábado en Chantada, que acolle o Folión de Carros
O xurado terá que elixir cal é o mellor de entre os catorce participantes
Cada carro representa oficios antigos ou escenas cotiás do campo
Chantada está de festas e hoxe é un dos días grandes. Celébrase o Folión de Carros. É un desfile no que se representan oficios antigos vinculados coa zona e escenas cotiás do campo. Así, por exemplo, poderemos ver a recollida do millo, a casa do xastre ou mesmo unha olería. Son en total catorce carros que van tirados por unha parella de bois. Fan un desfile desde a avenida de Ourense ata a praza de Galicia, onde está o xurado que ten que escoller cal é o mellor carro e a mellor parella de bois. Isto será ás 11 da noite. Nestes carros participa todo o pobo durante varios meses, tanto grandes coma cativos. É unha festa declarada de Interese Turístico Galego e recoñecida como ben de interese cultural.