A triatleta galega Susana Rodríguez xa ten a súa Barbie
A triatleta galega Susana Rodríguez xa ten a súa Barbie
A súa boneca forma parte dunha colección que inclúe outras oito deportistas
A triatleta galega Susana Rodríguez segue a romper barreiras, agora coa súa propia Barbie. A campioa paralímpica inspirou, xunto outras 8 deportistas, a nova colección do 65 aniversario. Un referente de diversidade para que rapazada explore todo o seu potencial.
Nin o albinismo nin a discapacidade visual lograron frear as metas da viguesa Susana Rodríguez. Transformarse en boneca non estaba nos seus plans, pero está feliz, sobre todo porque así o seu exemplo poderá calar entre a rapazada.
"Mediante o traballo, o esforzo e a confianza en ti mesma podes acadar moitas desas metas que nun principio poden parecer difíciles de conseguir", comenta Susana.
Xunto a Susana, a tenista Serena Williams, a futbolista Christine Sinclair ou a boxeadora Estelle Moxley dan forma a esta colección de mulleres que romperon barreiras no deporte. Referentes diversos para xogar e soñar novas metas, por lonxe que parezan.