Rueda: "Galicia non pode seguir agardando, necesitamos concreción, os fondos da UE teñen que chegar"
Rueda: "Galicia non pode seguir agardando, necesitamos concreción, os fondos da UE teñen que chegar"
Rueda: "Galicia non pode seguir agardando, necesitamos concreción, os fondos da UE teñen que chegar"
O presidente da Xunta di que o problema da sanidade "non é cuestión de cartos é que non hai médicos"
Alfonso Rueda augura "tempos duros" pero asume o reto de presidir a Xunta con "responsabilidade"
O presidente da Xunta, na entrevista concedida á Televisión de Galicia, fixo un repaso polas cuestións de actualidade.
A sanidade centrou a primeira parte da entrevista. O presidente dixo que o compromiso da Xunta é manter o seu nivel, que cualificou de excelente, e insistiu en que unha solución fronte á falta de médicos é que o Goberno permita as comunidades convocar máis prazas de MIR para a atención primaria.
Alfonso Rueda tamén apostou por baixarlles os impostos ás rendas máis baixas. Afirmou que é posible sen menoscabar a prestación de servizos públicos. Apuntou tamén o presidente que Galicia será a única comunidade na que o próximo curso a educación de 0 a 3 anos será gratuíta.
Sobre a reunión deste venres con Nadia Calviño, vicepresidenta primeira de Asuntos Económicos, o presidente da Xunta avanzou que lle vai pedir "concreción para que os fondos da UE, os Next Generation, cheguen canto antes", porque, engadiu, "Galicia non pode seguir agardando".
Alfonso Rueda confirmou na entrevista na TVG que aínda non ten data para a reunión co presidente do Goberno, un encontro que solicitou tras ser investido presidente da Xunta.
Sobre o futuro, Rueda augura que veñen "tempos duros" derivados da guerra pero asume o reto de presidir a Xunta con "responsabilidade".
Entrevista completa