Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UCO rexistra o aloxamento de Luis Rubiales na República Dominicana

A UCO rexistra o aloxamento de Luis Rubiales na República Dominicana

O expresidente da RFEF está a ser investigado por un delito de corrupción e asegurou que volvería a España o vindeiro sábado

G24.gal 02/04/2024 21:34 Última actualización 02/04/2024 22:28

A Unidade Central Operativa da Garda Civil (UCO) rexistrou o aloxamento temporal do expresidente da Federación Española de Fútbol Luis Rubiales na República Dominicana. O rexistro levárono a cabo este luns axentes da UCO en coordinación coas forzas e corpos de seguridade do país centroamericano, onde se atopa Rubiales desde hai uns dous meses. 

A xuíza que investiga os contratos presuntamente irregulares durante a etapa de Rubiales como presidente da RFEF ordenou realizar este rexistro no estranxeiro no marco dunha peza sobre a que se decretou segredo das actuacións. 

Hai uns días tamén se rexistrou a casa de Rubales en Granada e a sede da RFEF á procura de contratos irregulares realizados nos últimos cinco anos, coincidindo coa etapa do expresidente á fronte da entidade. Rubiales está a ser investigado por un presunto delito de corrupción e xa asegurou que volvería España o vindeiro sábado, 6 de abril. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade