A UE ensaia en Galicia sistemas de rexeneración de montes queimados
Científicos galegos colaboran con outros de Francia, Portugal e Italia
Xa se está a experimentar nun terreo de Quiroga
Hai dous anos ardía o monte de Quintá de Lor, en Quiroga.
O terreo quedou arrasado e a recuperación é lenta.
O proxecto Life VAIA da Unión Europea permite actuar en cinco hectáreas desta zona para experimentar proxectos cos que a terra que ardeu sexa rendible o máis pronto posible.
Polo de agora plantaron castiñeiros e piñeiros pero queren incorporar outras especies de crecemento máis rápido ou de usos non forestais.
A clave é producir mantendo a biodiversidade.
Proxectos similares ao de Quiroga desenvólvense en Francia, Portugal e Italia.
Científicos deses países colaboran cos galegos para comparar experiencias en canto a rexeneración dos montes queimados.
Instalación de colmeas, sementeira de plantas medicinais, ou aplicación nos solos de palla e de xurros de coello son algunhas das técnicas que se proban.
Hai que rexenerar a terra pero tamén preparala para o cambio climático.
Os proxectos serán aplicables tamén a zonas que sufriron erosión por treboadas ou períodos de seca prolongados.