A UE estuda dar unha segunda vida ás centrais térmicas
A UE estuda dar unha segunda vida ás centrais térmicas
Estarán eximidas temporalmente de pagar polo CO₂ emitido
A medida forma parte do plan para contrarrestar o posible corte do gas ruso
Este mércores, a Comisión Europea presentará o seu plan para afrontar as consecuencias que tería o corte da subministración do gas ruso. Entre as medidas poderían estar racionamentos do consumo por fogares, industrias ou servizos básicos.
E tamén prolongar a vida das centrais térmicas que aínda quedan en Europa. Na UE quedan unhas 150 centrais de carbón, e a invasión rusa en Ucraína daralles unha segunda vida.
En España, o Goberno estuda se ampliar temporalmente a da térmica galega das Pontes para garantir a subministración de todo o país. Por mor da crise enerxética, con Rusia, a Comisión Europea proporá este mércores que as térmicas estean exentas temporalmente das obrigas sobre gases con efecto invernadoiro.
Non terán que pagar tanto polo CO₂ emitido e iso será un tempo de desconto extraordinario antes do seu peche definitivo.
No plan de Bruxelas deste mércores tamén se fala de límites de 19 grados na calefacción e de 25 grados nos aires acondicionados dos edificios públicos ou beneficios para as industrias que reduzan a súa factura enerxética.