Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Unión Europea aproba o cargador universal

A Unión Europea aproba o cargador universal

A Conexión USB tipo C será obrigatoria para todos os móbiles 

A medida estará operativa no outono de 2024

G24.gal 07/06/2022 21:01 Última actualización 07/06/2022 21:25

O barullo de cables e conexións para cargar os móbiles ten data de caducidade. En outono de 2024 todos os pequenos aparellos electrónicos terán que empregar o mesmo  cargador o USB tipo C. Con esta decisión, a Unión europea pretende aforrar problemas e tamén cartos.

Nos móbiles fóronse reducindo os tipos de conexións de uso habitual, pero con todo son demasiadas nas casas e tamén para o medio ambiente. Escoller se queren comprar o teléfono con ou sen cargador, pode aforrarlles aos consumidores ata 250 millóns de euros.

Despois dos móbiles, nunha segunda fase, chegará o momento de unificar tamén os cargadores dos ordenadores portátiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade