A Unidade de Investigación Forestal vixiará que non haxa queimas desde o sábado
A Unidade de Investigación Forestal vixiará que non haxa queimas desde o sábado
Desde a medianoite, están prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares
Polo momento non se estableceu ata cando estará vixente a prohibición
A Consellería do Medio Rural prohibiu as queimas agrícolas e forestais de particulares a partir das cero horas do sábado pola ausencia de chuvia e moito sol. Non se concederán máis autorizacións e que as que xa se teñen entregadas quedarán suspendidas.
Os encargados de vixiar que isto se cumpra son os axentes da Unidade de Investigación Forestal, como José María Carles.
"Nós facemos labores de prevención, de disuasión e centrámonos en facer un control sobre estas queimas evitando que se fagan desde o sábado. Temos moito monte pero o bo é que con estas medidas disuasorias podemos centrarnos nos conatos que poida haber".
Ao labor da Unidade de Investigación de Incendios Forestais súmase o traballo das cámaras e drons que cobren arredor do 70 % do territorio galego.
A Consellería do Medio Rural pon á disposición dos cidadáns o teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún incendio forestal.