Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vacinación será obrigatoria en Austria a partir do 1 de febreiro

A vacinación será obrigatoria en Austria a partir do 1 de febreiro

Prevense sancións de 600 a 3.600 euros para os que non se vacinen

G24.gal 16/01/2022 19:23

Austria anunciou este domingo a vacinación obrigatoria contra a covid-19 para todos os maiores de idade desde o 1 de febreiro.

Comunicouno o primeiro ministro, o conservador Karl Nehammer, que accedeu hai pouco ao poder da man dos ecoloxistas. Os líderes dos partidos socialdemócrata e liberal tamén secundan a decisión.

Esta semana a obrigatoriedade da vacina foi obxecto de debates intensos e de protestas no país austríaco. Para os que non se vacinen prevense sancións que van de 600 a 3.600 euros.

Pasaporte de vacinas en Francia

E Francia aprobou este domingo o proxecto de lei que crea o pasaporte de vacinas, o que lle complicará a vida das persoas que nos se teñan inmunizado, tal como propuxera o presidente Emmanuel Macron.

O Goberno galo quere que a lei entre en vigor a vindeira semana. O texto substitúe o anterior pasaporte sanitario (vacinas ou test negativo) por un baseado unicamente nas vacinas. As persoas que non queiran inmunizarse terán limitado o seu acceso a unha importante serie de actividades sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade