Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vaga de incendios forestais en Chile suma 123 persoas falecidas

A vaga de incendios forestais en Chile suma 123 persoas falecidas

Os primeiros indicios suxiren que os incendios foron provocados e planificados

G24.gal 06/02/2024 10:38 Última actualización 06/02/2024 10:59

O número de vítimas mortais dos devastadores incendios rexistrados na rexión chilena de Valparaíso, 100 quilómetros ao oeste de Santiago, elévase a 123. Segundo informa o Servizo Médico Legal (SML), só 33 foron identificadas.

As zonas máis afectadas polo lume son Viña del Mar, Quilpué e Villa Alemana.

"É a traxedia máis grande que vivimos como país desde o terremoto do 27 de febreiro de 2010", dixo o domingo o presidente de Chile, Gabriel Boric.

A vaga de incendios comezou o venres no parque nacional do Lago Peñuelas e estendeuse rapidamente ata as localidades da costa por mor do vento e as temperaturas extremas.

Provocados e planificados

As investigacións preliminares apuntan a que a orixe serían catro focos. Os indicios suxiren que non só foron provocados, senón planificados, aínda que polo momento non se practicaron detencións.

Ademais das persoas falecidas, hai centenares de damnificadas e máis de 6.000 vivendas afectadas de xeito directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade