A veciñanza de Cameixa lévanos de ruta de beléns polas súas casas
A veciñanza de Cameixa lévanos de ruta de beléns polas súas casas
Todos os elementos e figuras están feitos a man polos veciños do barrio ourensán de Figueroa, en Cameixa
Decoran as súas casas e cada ano van engadindo ideas novas
Unha iniciativa veciñal para animar estas festas no rural
Os veciños da aldea de Cameixa, no concello ourensán de Boborás, amósannos a súa Ruta dos Beléns.
Un percorrido por varias casas en que sorprenden coas decoracións do Nadal e os seus nacementos que eles mesmos fixeron a man. Unha iniciativa veciñal para animar estas festas no rural.
Comezamos a Ruta dos Beléns de Cameixa pola casa de Jaime e Loli. Eles comezaron hai dez anos coas decoracións e fóronse animando máis veciños.
Desde o ano pasado na pandemia comezaron a sumarse e ata fixeron varios carteis para anunciar a súa particular rutas polas diferentes vivendas. Cada ano van engadindo figuras e ideas novas que teñen.
Excepto as luces que hai que mercalas porque non hai outro remedio, o resto, todo facémolo nós. Utilizamos todos os recursos naturias que temos á nosa man, explica Jaime Mella, veciño de Cameixa.
Á xente chámalle a atención que todo está feito por nós, di Loli Moreira.
Moitas horas de traballo, as que botou José Luís cortando palmeiras e buscando roupa no faiado para o seu belén.
Sobre sete semanas traballando e buscando material. Merece a pena porque levántache a moral facer unha cousiña destas e que chamou tanto a atención, asegura José Luís Sotelo, veciño de Cameixa.
E xa teñen recibido moitas visitas, unha creativa maneira de animar o Nadal tamén no rural. Cada veciño do barrio de Figueiroa, da aldea de Cameixa, aportou a súa visión persoal do Nadal.
Empregaron elementos naturais e elaboraron coas súas mans os seus beléns que forman parte desta ruta de beléns.
Convidan a todo o mundo a que se achegue a visitalos. Este é o seu xeito de de desesarlles... Bo Nadal!