Cargando resultados...
Esténdese o costume de xantar ou cear fóra da casa o seis de xaneiro
Esténdese o costume de xantar ou cear fóra da casa o seis de xaneiro
Moitos restaurantes estiveron cheos este sábado
G24.gal
06/01/2024 21:30
Última actualización 06/01/2024 22:22
O Día de Reis pon o colofón a unhas datas onde non faltan as xuntanzas familiares con ceas e xantares. Por iso, cada vez máis persoas deciden celebrar este seis de xaneiro comendo fóra da casa.
Os restaurantes xa levan anos notando esta tendencia e por iso para a hostalería este sábado foi un día de moito traballo.
Este mediodía pasaron polo Bodegón Orensano arredor de 130 comensais. Están completos e as súas cociñas traballan a pleno rendemento. Nas cociñas do restaurante Othilio de Vigo tampouco paran. Nin ao mediodía nin á noite.
Aínda hai reservas para realizar ceas de empresa este mes de xaneiro. Polo que a resaca do Nadal durará, para moitas persoas, máis do previsto.