Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os novos abonos de balde para viaxar en tren xa están á venda

Os novos abonos de balde para viaxar en tren xa están á venda

Unha medida destinada aos usuarios frecuentes dos servizos de proximidade, media distancia e os Avant entre Ourense e A Coruña

Terán validez durante o primeiro cuadrimestre do ano

G24.gal 30/12/2023 14:40 Última actualización 30/12/2023 15:50

Aínda non rematou o ano, pero os abonos para o primeiro cuadrimestre de 2024 xa están á venda. Pódense mercar na páxina web de Renfe, no portelo ou nas máquinas expendedoras.

"Eu son de Ourense, pero traballo en Ferrol. Vaime moi ben coller o abono ata Coruña".

"Barcelona-Madrid teñen moita conexión, pero ás veces un aquí queda medio illado e iso facilita moito a vida".

"Teño o abono Ourense-A Coruña e ás veces vou pasar o día, ou a tarde, coma hoxe", sinalan varios pasaxeiros.

Un billete solto, sen abono, entre Ourense e A Coruña ascende a 20 euros, 14 entre Ourense e Santiago.

"Se fago 20 viaxes, multiplicado por 15 euros a viaxe, sae un aforro importante", explica un usuario.

Controis aleatorios

Canda a renovación dos abonos gratuítos, o Goberno lanzou unha advertencia: vanse realizar controis aleatorios para evitar fraudes nas reservas de prazas que finalmente non se ocupan e que deixan outros pasaxeiros sen billete.

O prazo para formalizar a reserva, ou cancelala, muda cos novos abonos, hai que facelo cunha hora como mínimo de antelación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade