Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maria Jesús Montero chama a unir "o que nos é común co particular en cada territorio"

Maria Jesús Montero chama a unir "o que nos é común co particular en cada territorio"

A dirixente socialista cualificou de insolidarias as posturas do PP no acto de inicio do curso político en Sevilla

María Jesús Montero dixo que a política necesita recuperar credibilidade
G24.gal 31/08/2024 13:57

Os socialistas abriron o curso político en Sevilla, cun acto en que participaron Juan Espadas, secretario xeral do PSOE andaluz e voceiro do partido no Senado, e a vicepresidenta e ministra de Facenda, María Jesús Montero.

O presidente do Goberno abrirá o curso en Madrid o próximo mércores

A segunda parte da apertura do curso político dos socialistas desenvolverase o próximo mércores, 4 de setembro, cunha presentación que fará en Madrid o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

María Jesús Montero criticou as posturas do PP en materia fiscal 

No acto deste sábado, a vicesecretaria xeral do PSOE cualificou de insolidarias as posturas do Partido Popular, especialmente en materia fiscal e de inmigración. María Jesús Montero dixo o PP non cre no estado do benestar nin no das autonomías.

"Non poden ter maior hipocrisía, maior cinismo, non se pode ter solidariedade e igualdade se non hai progresividade fiscal. E nas comunidades autónomas onde goberna o PP están impugnando progresividade fiscal, por que están perdoándolle os impostos aos que máis teñen a conta dos servizos públicos dos que menos teñen, e iso chámase insolidariedade e atentado contra a igualdade", afirmou María Jesús Montero

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade