Publicador de contidos
Publicador de contidos

A viguesa Judith Rodríguez fai historia en esgrima cun bronce paralímpico

A viguesa Judith Rodríguez fai historia en esgrima cun bronce paralímpico

Impúxose na pelexa polo terceiro e cuarto posto e deulle a España un metal en florete, algo que non conseguía desde Atlanta 96

G24.gal 04/09/2024 21:05

A viguesa Judith Rodríguez fixo historia no Grand Palais de París ao acadar en esgrima en cadeira de rodas a medalla de bronce en florete. Eran os primeiros Xogos Paralímpicos da galega, e aos 28 anos conseguiu consagrarse nunha gran cita olímpica. 

A esgrimista, adestrada por Manuel Mariño, comezou o concurso gañando a Pui Shan Fan de Hong Kong por 15-10. En cuartos derrotou á italiana Ionela Mogos por 15-12 e só perdeu nas semifinais ante a chinesa Xufeng Zhou por 15-12. 

Tivo entón que gañar o combate da recuperación contra a húngara Zsuzsanna Krajnyak por 15-10 e no combate decisivo a outra esgrimista de Hong Kong, Chui Yee Yu. "Non o creo, sempre soñei cun momento así. Todo o traballado durante tanto tempo saíu durante a proba. Lograr unha medalla aquí é impresionante, o meu soño foi participar nuns Xogos Paralímpicos e non o podo crer", confesou Judith Rodríguez unha vez rematou a proba. 

España non tiña unha participante en esgrima desde Pekín 2008 coa mítica Gema Hassen Bey. Foi ela, precisamente, a que logrou a última medalla paralímpica antes de Judith en Atlanta 96, na proba de espada por equipos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade