A vítima do crime de Arteixo recibiu 12 coiteladas antes do disparo mortal

A Garda Civil cree que se citaron co falecido co ánimo de secuestralo, pero que se atoparon cun home moi forte que repeleu o ataque

G24.gal 01/11/2023 10:01

A vítima do crime de Arteixo enfrontouse a dous homes que lle asestaron 12 coiteladas antes do disparo morta. A Garda Civil cree que se citaron co falecido co ánimo de secuestralo pero se atoparon cun home moi forte que repeleu o ataque.

No lugar, un descampado preto da súa casa, apareceron dous homes máis, un deles con pistola, que foi quen lle disparou ata tres veces.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza dos dous detidos polo crime de Arteixo, en que este domingo morreu un veciño tiroteado na rúa.

Os dous homes prestaron declaración na tarde deste martes durante varias horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade