Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vitoria do Baxi Ferrol, a única boa nova na Liga Feminina de baloncesto

A vitoria do Baxi Ferrol, a única boa nova na Liga Feminina de baloncesto

As ferrolás derrotaron o Jairis e logran a segunda vitoria da temporada

Derrotas do Celta e o Ensino, que aínda non saben o que é gañar despois de catro xornadas

G24.gal 21/10/2023 22:20

Na Liga feminina, o Baxi Ferrol conseguiu a súa segunda vitoria da temporada, primeira na Malata. Foi contra o Jairis, nun partido que se resolveu no segundo tempo, logo do 26-29 ao descanso. As ferrolás gañaron os dous últimos parciais, 17-12 e 24-15, ata o 67-56 final. Gala Mestres foi a xogadora máis valiosa, con 19 puntos, 11 rebotes e 30 de valoración.

Peor lles van as cousas aos outros dous equipos galegos. O Celta Zorka Recalvi segue sen coñecer a vitoria. Cuarta derrota, na casa e ante o Estudiantes. As viguesas intentaron ter opcións de triunfo no treito final. Impuxéronse no último parcial por 19-15, pero non lles abondou. Caeron por 59 a 67. Musa foi a máis destacada con 16 puntos.

O Celta é o penúltimo, só por diante do sorprendente Ensino, que apañou outra malleira en Lugo. Caeu contra o Avenida por 51 a 93. Ademais de contar as catro xornadas por derrotas, as de Antonio Pernas contan coa peor diferenza de puntos da categoría. No partido de hoxe, Tate foi a máis destacada con 17 puntos. Pero ningunha compañeira achegou máis de 8.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar