A web galega Aldealista, finalista dos premios European Technology Awards
A web galega Aldealista, finalista dos premios European Technology Awards
Aldealista é una app galega concibida coma un Tinder pero "para namorar do rural"
A web Aldealista, una app galega concibida coma un Tinder pero para namorar do rural, acaba de ser seleccionada como finalista a uns prestixiosos premios europeos de tecnoloxía.
Aldealista xurdiu no concello ourensán de San Xoán de Río, da man de Juan Carlos Pérez, e pretende atraer turistas e poboación cara aos municpios rurais de menos de 5.000 habitantes. En cinco días, o doce de xullo, saberase se finalmente sae gañadora.
"Cando nolo dixeron, pensamos que era unha chanza, e imos ver agora o día 12, en que din quen son os galardonados", declarou Juan Carlos Pérez, creador de Aldealista.
Os creadores da web xa se senten gañadores ao seren seleccionados por esta idea que ten como obxectivo devolver a vida a un rural que esmorece.