Cargando resultados...
A xa clásica papanoelada moteira de Vigo percorreu a cidade este sábado
A xa clásica papanoelada moteira de Vigo percorreu a cidade este sábado
Xuntou nas rúas uns cinco mil motoristas
O evento ten fins benéficos, recollen e entregan alimentos ás familias máis necesitadas
G24.gal
17/12/2022 19:13
A xa clásica papanoelada moteira de Vigo xuntou esta tarde máis de cinco mil motoristas. Esta particular ruta en moto, que vai pola décimo segunda edición, durou máis de dúas horas entre Navia e o centro da cidade olívica, polo que foi necesario ir cortando progresivamente algúns tramos á circulación habitual.
Este evento que tingue Vigo de vermello está organizado polo Moto Club Galicia e ten fins benéficos. Os motoristas recollen e entregan alimentos ás familias máis necesitadas.