Publicador de contidos
Publicador de contidos

A patronal galega pide unha política industrial "máis axeitada aos novos tempos"

A patronal galega pide unha política industrial "máis axeitada aos novos tempos"

O presidente da CEG reclámalle ao Goberno central que apoie os máis de doce proxectos estratéxicos que Galicia ten enriba da mesa

G24.gal 18/06/2023 14:39 Última actualización 18/06/2023 14:51

Segundo o empresariado galego, o mercado laboral, a xestión dos Fondos Europeos e o tecido industrial teñen por diante unha serie de retos importantes que dependerán en boa medida da política económica que se vaia desenvolver os vindeiros catro anos tras as eleccións xerais.

"Temos unhas potencialidades grandes sobre todo en temas enerxéticos, de eólica mariña, de hidráulica, de fotovoltaica... e tamén noutros campos, nesa economía circular, economía verde. Temos que facer unha política industrial moito máis axeitada aos novos tempos e lograr que a política industrial supere ese 20 % que xa a UE e a Comisión Europea marcou no 2020", di Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Outra das grandes reivindicacións da patronal é que se avance no corredor atlántico do noroeste.

"Hai unha necesidade de ter un corredor atlántico do noroeste que sexa viable, operativo e que busque a competitividade das nosas empresas", engade.

Desde a Confederación de Empresarios de Galicia piden ademais que o Goberno central apoie os máis de doce proxectos estratéxicos que Galicia ten enriba da mesa xa coa viabilidade específica que necesita o mundo empresarial para que poidan saír adiante, entre eles o proxecto de Altri en Palas de Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade