Cargando resultados...
A Xunta aboará este mes aos empregados públicos a suba do 0,5 % ligada ao PIB
A Xunta aboará este mes aos empregados públicos a suba do 0,5 % ligada ao PIB
Este incremento adicional aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2023
G24.gal
15/02/2024 16:58
O Goberno galego abonará este mes de febreiro ao persoal empregado público a subida adicional do 0,5 % das retribucións ligada ao mellor comportamento do produto interior bruto de 2023.
Así se desprende dun informe presentado na reunión semanal da Xunta polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.
Así, tras o visto e prace na última reunión semanal do Executivo autonómico antes das eleccións do próximo domingo, a Xunta prevé que este incremento adicional se aplique con efectos do 1 de xaneiro de 2023.
O aumento calcularase sobre as retribucións vixentes ao 31 de decembro de 2022 e suporá unha subida media anual de 180 euros por empregado público da Administración xeral.