Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas complementarias ás bolsas Erasmus+

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas complementarias ás bolsas Erasmus+

Pódense pedir dende o 3 de xaneiro ata o 2 de febreiro

A contía depende do país de destino

G24.gal 02/01/2024 20:12 Última actualización 02/01/2024 20:30

Dende o mércores 3 de xaneiro xa se poden solicitar as axudas complementarias ás bolsas Erasmus+. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades mantén aberto o prazo de solicitude ata o 2 de febreiro. O trámite faise a través da sede electrónica da Xunta.

Os beneficiarios destas subvencións, os estudantes do Sistema Universitario de Galicia, percibirán entre 125 e 195 euros ao mes, dependendo do país de destino. Non poderán optar á axuda os que xa a recibiran en convocatorias anteriores. A Xunta destina máis de 1,5 millóns de euros para complementar as bolsas deste programa da Unión Europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade