Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta afronta o pago de máis de 3 millóns da PAC aos agricultores e gandeiros galegos

A Xunta afronta o pago de máis de 3 millóns da PAC aos agricultores e gandeiros galegos

A conselleira do Medio Rural lembrou que os beneficiarios da PAC en Galicia son máis de 23.200, que recibiron nesta campaña pagos por máis de 215 millóns de euros

G24.gal 26/09/2024 20:19

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, indicou este xoves que a Xunta afrontou esta semana o pago de máis de tres millóns de euros da Política Agraria Común (PAC) aos agricultores e gandeiros galegos.

Estes pagos, explica o Goberno autonómico, corresponden aos fondos adicionais da Axuda Básica á Renda para a Sustentabilidade, e responden ao incremento rexistrado tras a repartición de remanentes a nivel nacional.

A conselleira, visitou a granxa Ugasma, no concello coruñés de Boimorto, onde puxo en valor a puxanza do sector leiteiro galego “grazas, entre outros factores, á profesionalidade" dos gandeiros e estas axudas da PAC, que reciben polo seu labor “fundamental” á hora de garantir a subministración á sociedade de alimentos sans, seguros e de máxima calidade.

Gómez lembrou que os beneficiarios da PAC en Galicia son máis de 23.200, que recibiron nesta campaña pagos por máis de 215 millóns de euros, referentes á solicitude única de 2023, algo que, na súa opinión, dá unha clara idea da “enorme relevancia” destes fondos para o rural galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade