Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta amplía as axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións e eléctricos

A Xunta amplía as axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións e eléctricos

Tras esgotarse os 500.000 euros destinados á primeira convocatoria, agora increméntase a cantidade en 400.000 euros máis

As axudas son de 10.000 euros para a compra de taxis adaptados, de 6.000 euros para vehículos de cero emisións e de 4.000 euros no caso dos de baixas emisións

G24.gal 22/09/2023 16:34

A Xunta amplía o crédito de axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida e tamén para renovar a frota de vehículos por outros menos contaminantes. Anunciouno este mediodía en Ourense a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

A conselleira reuniuse este mediodía cos taxistas de Ourense para facer pública a ampliación do crédito de axudas para a adquisición de eurotaxis e de vehículos menos contaminantes. Así saíu publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

A ampliación é de catrocentos mil euros, que se suman aos cincocentos mil da primeira fase cos que se renovaron 80 taxis pero que deixou fóra moitos solicitantes. Con esta nova achega poderán recibir dez mil euros os profesionais que adquiran un vehículo adaptado, seis mil para os de cero emisións e catro mil para os ECO.

A conselleira enmarcou esta iniciativa na aposta do sector por modernizarse e adaptarse aos novos tempos. O obxectivo é sumar ao sector do taxi "ao compromiso activo" na loita contra o cambio climático, a través de vehículos menos contaminantes e tamén ao compromiso pola inclusión social.  

Así, tal e como publicou o DOG as axudas ascenden aos 10.000 euros para a compra de taxis adaptados, de 6.000 euros para vehículos de cero emisións e de 4.000 euros no caso dos de baixas emisións. As axudas son compatibles entre si.

Vázquez destacou que se amplía a convocatoria publicada no mes de novembro, por importe de 500.000 euros, á que se presentaron máis de 350 solicitudes e que permitiu atender case 90 solicitudes, acabándose o crédito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade