Cargando resultados...
A Xunta apoia a demanda de Conxemar dun PERTE para a industria do mar
A Xunta apoia a demanda de Conxemar dun PERTE para a industria do mar
O presidente de Conxemar lamenta que non puideran acollerse ao PERTE agroalimentario
A conselleira de Medio Ambiente apoiou as demandas de Conxemar no acto de adhesión á Alianza polo Clima
G24.gal
05/02/2024 14:44
As industrias dos produtos do mar reclaman fondos europeos para dar resposta ás necesidades do sector. O presidente de Conxemar lamentou que non puideran acollerse ao PERTE agroalimentario, o que os deixou en desigualdade con respecto ao resto do sector manufactureiro e alimentario.
No acto de adhesión de Conxemar á Alianza polo Clima, a conselleira de Medio Ambiente subliñou que só en Galicia o sector dá emprego a máis de 8.000 familias. Ánxeles Vázquez sumouse ás súas reivindicacións e reclamou tamén que Galicia poida xestionar o seu litoral.