A Xunta aproba a suba do 1,5 % adicional para funcionarios para este ano
A Xunta aproba a suba do 1,5 % adicional para funcionarios para este ano
Rueda anuncia un acordo cos sindicatos para a carreira profesional dos empregados públicos
Visto e prace do Consello da Xunta ao proxecto de lei polo que se aproba a suba adicional, e retroactiva dende xaneiro, do 1,5 % para os empregados públicos.
O texto tramitarase no Parlamento en lectura única, para que a suba se faga efectiva antes de que remate o ano.
O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, lembra que aínda que este incremento salarial, pactado a nivel estatal, é de obrigado cumprimento e pode facerse pola boa saúde financeira, di, da Xunta.
"Unha cousa é que sexa obrigatorio e outra cousa é que sexa posible. Aquí vai ser posible e engadido á suba que xa houbo a principios de ano supón que a suba global sexa do 3,5 % para o ano 2022", afirmou Rueda.
O presidente tamén anunciou un acordo entre a Xunta e os sindicatos CC.OO., UXT e CSIF para desenvolver a carreira profesional dos empregados públicos, á que poderán acceder fixos e temporais.
O Consello deulle ademais o visto e prace á carreira profesional para os 2.700 traballadores autonómicos da xustiza.