Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta concederá axudas ás persoas que adopten cans e gatos en centros de acollida

A Xunta concederá axudas ás persoas que adopten cans e gatos en centros de acollida

É unha medida para incentivar o acollemento responsable e cubrir os primeiros gastos

Os animais teñen que proceder dalgún dos 39 centros autorizados polo Goberno galego

G24.gal 20/04/2024 13:39 Última actualización 20/04/2024 14:01

A Xunta quere incentivar a adopción de cans e gatos cunha liña de axudas para as persoas que decidan facerse cargo dalgún dos animais que se atopan en acollemento. 

A subvención vai destinada a sufragar os primeiros gastos que ocasiona a adopción dun animal. Condición imprescindible é facelo a través dalgún dos 39 centros autorizados polo Goberno galego.

Se adoptan un can recibirán 150 euros e se adoptan un gato, 125. A subvención cubrirá o custo da identificación con microchip, a desparasitación, a vacinación inicial e a esterilización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade