A Xunta declara a seca prolongada nas concas da Coruña, Ferrol e A Mariña
A Xunta declara a seca prolongada nas concas da Coruña, Ferrol e A Mariña
Situación de seca prolongada en 9 dos 19 sistemas de explotación de concas de competencia autonómica
A Oficina Técnica da Seca da Xunta declarou a situación de seca prolongada nas concas das rías da Coruña e de Betanzos e nos sistemas de abastecemento de Ferrolterra e A Mariña.
Segundo informou a Xunta, procedeuse á declaración desta seca prolongada para anticiparse á redución dos caudais circulantes ante un escenario de ausencia de precipitacións nestes sistemas de abastecemento da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.
Nunha reunión celebrada esta mañá, e presidida polo xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, determinouse a situación de seca prolongada en 9 dos 19 sistemas de explotación de concas de competencia autonómica.
Esta declaración afecta os sistemas do río Mero, Arteixo e ría da Coruña; río Mandeo e ría de Betanzos; río Eume e ría de Ares; Ferrol; río Mera, ría de Santa Marta de Ortigueira e ría de Viveiro; río Landro e río Ouro; río Masma; e ría de Ribadeo; nas provincias da Coruña e Lugo.
A Oficina da Seca detectou unha anomalía media das precipitacións no mes de xullo en Galicia dun 43 % inferior ao valor climático normal.
Desde o pasado 21 de xullo tamén está activada a prealerta por escaseza no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña; río Anllóns e costa da Coruña ata o imite de Arteixo; e no o seu sistema de Baiona.
A día 3 de agosto, a ocupación dos encoros de abastecemento era do 81,63 %, 1,17 puntos por baixo da ocupación do mesmo período de 2022.