Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta declara iniciativa prioritaria a planta de hidróxeno verde de Meirama

A Xunta declara iniciativa prioritaria a planta de hidróxeno verde de Meirama

Aproba tamén unha nova estratexia para facilitar o retorno de 30.000 emigrantes

G24.gal 15/12/2022 16:41

O Consello da Xunta aprobou este xoves declarar iniciativa empresarial prioritaria a planta de hidróxeno verde que impulsan Reganosa, Repsol e Naturgy en Meirama, no concello coruñés de Cerceda. Esta declaración implica reducir os trámites para a súa construción á metade.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que este proxecto se enmarca no obxectivo de recuperar as zonas afectadas polo peche das centrais térmicas. A previsión é que a planta comece a funcionar no 2025 e que produza cada anos máis de 34 .000 toneladas de enerxía renovable para abastecer a industria e o transporte.

Na súa reunión semanal, a o Goberno autonómico tamén lle deu o visto e prace á nova Estratexia Galicia retorna, que busca facilitar o regreso a Galicia de 30.000 emigrantes nos próximos catro anos. O plan está dotado con 450 millóns de euros e cen medidas para apoiar o regreso dos galegos do exterior. Entre as medidas, hai axudas para os gastos de retorno, bolsas de estudo e cursos de formación para cubrir empregos con alta demanda de profesionais en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos