Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta defende o deseño do trazado da Ronda Leste de Lugo

A Xunta defende o deseño do trazado da Ronda Leste de Lugo

O Concello pide equilibrio na planificación para salvagardar a paraxe natural do río Rato

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé investir neste proxecto case vinte millóns de euros

G24.gal 03/03/2023 16:11

Hoxe ábrese o período de alegacións para o proxecto de trazado da Ronda Leste de Lugo. Son case tres quilómetros de vía para os que a Xunta destina algo máis de dezanove millóns e medio de euros e que permitirán pechar o anel de circunvalación da cidade, conxuntamente coa nacional VI e a nacional 640, permitindo ao tráfico rodado dirixirse dunha punta a outra do concello sen utilizar vías urbanas.

A Xunta destina dezanove millóns seiscentos mil euros para a construción de 2,8 quilómetros de vía, que terá dobre carril e limitación a 100 quilómetros por hora. Conectará a primeira fase da Ronda Leste xa en funcionamento, dende a rotonda da estrada da Fonsagrada ata a rotonda da avenida de Madrid enlazando coa nacional VI. Tamén facilitará a conexión co HULA e cos polígonos industrias sen atravesar o centro.

Tamén será unha alternativa para a estrada do paseo do Rato, que se calcula que usan cada día 6.000 vehículos, un punto que está a xerar polémica polo posible impacto ambiental.

"Coas declaracións e o ruído que estamos a ver, pido coherencia e congruencia coa sensibilidade que estamos a mostrar non soamente querendo facer esta obra necesaria, senón co mínimo impacto paisaxístico e ambiental, baixando a rasante, afastándonos do río", di a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

"Nós queremos buscar a conciliación entre fomentar unha nova infraestrutura, necesaria para a cidade, pero tamén que sexa conciliador con toda a paraxe natural", demanda a alcaldesa, Lara Méndez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade