Cargando resultados...
A Xunta desactiva o plan das inundacións, o Inungal
A Xunta desactiva o plan das inundacións, o Inungal
Estaba en vigor desde o 7 de febreiro coincidindo co paso da borrasca Karlotta
G24.gal
19/02/2024 15:54
A Xunta desactivou este luns o Plan especial ante o risco de inundación en Galicia (Inungal), que permanecía en vigor desde o 7 de febreiro, hai case dúas semanas.
Así o informou o 112 Galicia "tras analizar os valores proporcionados" polos organismos que xestionan as concas hidrográficas e "tendo en conta a previsión meteorolóxica e a estabilidadade dos caudais para os próximos días".
O Goberno galego activara o plan Inungal o día 7, en pleno azoute da borrasca Karlotta, polo posible desbordamento do río Verdugo ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponte Caldelas.