A Xunta destina 2 millóns de euros ata o 2029 para favorecer a incorporación de mozos ao agro
A Xunta destina 2 millóns de euros ata o 2029 para favorecer a incorporación de mozos ao agro
O Goberno galego vai activar unha plataforma para poñer en contacto as persoas que deixan unha explotación con aquelas que están interesadas en xestionala
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou unha explotación gandeira e alí explicou que o Goberno galego vai activar unha plataforma para poñer en contacto as persoas que deixan unha explotación con aquelas que están interesadas en xestionala.
Alfonso Rueda tamén comprometeu dous millóns de euros ata o 2029 para favorecer a remuda xeracional no agro. "Somos a primeira rexión en España e das maiores de Europa en produción leiteira. De nada serviría toda a modernización que houbo no campo galego nos últimos anos se non houbera o máis importante: garantir que a xente nova vai coller o testemuño de xente que o fixo moi ben, como seus pais", asegurou Rueda.
Dende o 2009, 5 mil mozos incorporáronse ao campo galego, segundo a Xunta.