Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta di que hai marxe para máis baixadas de impostos

A Xunta di que hai marxe para máis baixadas de impostos

Corgos confirma que se manterán as rebaixas fiscais que están en vigor e que supuxeron un aforro para os contribuintes galegos de 1.300 millóns dende que comezou a lexislatura

G24.gal 04/10/2023 13:51

A Xunta está ultimando os presupostos do ano que vén. Prevé aprobalos en prazo, antes de final de ano, e non descarta incluír novas rebaixas de impostos, máis aló as últimas bonificacións fiscais anunciadas polo Goberno galego. O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, di que hai marxe para facelo. 

Así mesmo, Corgos confirma que manterán as rebaixas fiscais que están en vigor e que supuxeron un aforro para os contribuíntes galegos de 1.300 millóns dende que comezou a lexislatura.  

Precisamente este mesmo martes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o imposto de transmisión de vehículos de segunda man, unha taxa autonómica que se paga nas operacións de compra de coches usados, baixará do 8 % ao 3 % a partir de 2024, e eliminarase para os vehículos de 'emisións cero' (eléctricos e híbridos enchufables).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade