Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os salóns de peiteado empezan setembro coa auga ao pescozo

Os salóns de peiteado empezan setembro coa auga ao pescozo

Os centros de imaxe persoal seguen reclamando a baixada do IVE

Están desbordados de traballo, pero non ven os beneficios

En setembro, o traballo nos salóns de peiteado multiplícanse, pero non ven os beneficios
G24.gal 06/09/2023 14:50

 "Case o 40% do que eu facturo vaise xa en impostos directos, imaxina o que pode quedar, moitas veces queda menos do que hoxe é o salario mínimo interprofesional", comenta un peiteador

Os traballadores dos centros de imaxe persoal séntense maltratados. Levan máis dunha década protestando por un IVE que non lles corresponde e que está afogando as súas economías.

 "O 21% do IVE estános masacrando, é unha barbaridade. Dende o 2012 que nolo subiron nós non llo aplicamos ao cliente. Por que? Porque era un momento de crise, e entón estámolo asumindo nós. Redondeámolo un chisco, pero nunca lle subimos o 21", explica María Ermitas Silva, propietaria do salón de peiteados Ermitas

O sector empeza un mes de setembro con moita carga de traballo despois das vacacións de verán.

"A xente non se arranxa igual para estar na praia, entón veñen con falta de tintura, con falta de mecha, facer todo novo, cortar, todo, facer un repaso xeral", continúa Ermitas

Teñen tanto traballo que Agustín aténdenos, pero sen soltar as tesoiras. Fóra os clientes agardan quenda. 

 "Tes que traballar arreo para poder facturar e sacar un pouquiño de beneficio porque senón estariamos abocados ao peche", apunta Agustín Raña, propietario do salón de peiteados Tije

Viron como moitos pecharon e como outros tiveron que despedir parte do seu  persoal.

"E estes mesmos empregados, o que pasa que é moi difícil de demostrar, están a facer servizos a domicilio, chamémoslle en B", conta Agustín

Denuncian a economía somerxida que toda esta situación está xerando, polo que lles piden aos políticos que non miren para outro lado e que lles devolvan o IVE que lles correponde por ser un sector cualificado como esencial.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade