A Xunta e o Goberno acordan o marco lexislativo para mellorar a carreira docente
A Xunta e o Goberno acordan o marco lexislativo para mellorar a carreira docente
Os responsables de Educación dos dous executivos, Pilar Alegría e Román Rodríguez, reuníronse en Santiago
A Xunta e o Ministerio de Educación avanzan na mellora da carreira docente e acordan ampliar o marco lexislativo.
O conselleiro de Educación ofreceulle como base á ministra o traballo desenvolvido polo Goberno autonómico e as tres universidades galegas para a identificación das competencias do profesorado.
Na xuntanza que mantiveron en Santiago, Román Rodríguez avogou por unha ABAU con parámetros similares para todo o territorio español e por favorecer a cultura do esforzo. O conselleiro de Educación tamén instou o Ministerio a establecer un procedemento para que o alumnado que teña cursado materias na Universidade poida validar ditas competencias na FP. Pese ás discrepancias existentes, a Xunta ofrece cooperación leal noutros aspectos.