Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta Electoral declara que Rueda cometeu unha infracción nunha comparecencia

A Xunta Electoral declara que Rueda cometeu unha infracción nunha comparecencia

O organismo estimou a denuncia do PSdeG por unhas declaracións tras o Consello da Xunta, na sede do Goberno galego

Considera que "teñen unha connotación electoralista" e vulneran "o principio de neutralidade dos poderes públicos"

Rueda antes da comparecencia do pasado 25 de xaneiro. EFE/Xoán Rey Rueda antes da comparecencia do pasado 25 de xaneiro. EFE/Xoán Rey
G24.gal 27/01/2024 17:11

A Xunta Electoral de Galicia concluíu este sábado que o presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, incorreu nunha prohibición en materia electoral nunha comparecencia de prensa a semana pasada.

O organismo estimou a denuncia do PSdeG por unhas declaracións tras o Consello da Xunta, na sede do Goberno galego e declara que "incorreu na prohibición" que establece a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral sobre os actos con alusións aos seus logros.

En concreto, o PSdeG citou varias frases de Rueda en que dicía que a Xunta estaba "a traballar" mentres o Goberno "non fixo nada" ou daba a súa visión "como candidato".

A Xunta Electoral de Galicia entende que naquela comparecencia e ante as preguntas da prensa, o presidente "puido limitarse a cumprir funcións institucionais de transparencia" e dar a coñecer os acordos adaptados polo seu Goberno.

"Connotación electoralista"

Con todo, frases como "pedirlle á xente a confianza para gobernar" unida á que explica o seu obxectivo como "candidato" supoñen exceder "esas funcións" para a Xunta Electoral.

"Teñen unha connotación electoralista", di o organismo, que sostén que vulnerou "o principio de neutralidade dos poderes públicos".

A Xunta Electoral de Galicia sinala, por tanto, a infracción de Rueda, aínda que contra este acordo cabe interpoñer recurso de alzada.

Fontes da Xunta consultadas por EFE defenden que Rueda nas súas comparecencias de prensa limítase a responder as cuestións formuladas polos profesionais dos medios de comunicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade