Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta informa de dous posibles casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida

A Xunta informa de dous posibles casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida

Un deles pasou a enfermidade en xaneiro e o outro estase recuperando na actualidade

Detectados outros nove casos de hepatite infantil severa en Dinamarca, Irlanda e Países Baixos

G24.gal 19/04/2022 18:05

A Consellería de Sanidade informou o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade a detección de dous casos e hepatite aguda infantil de orixe descoñecida. 

Os casos cumpren os criterios de inclusión determinados polo Ministerio e, unha vez remitida a información, será o organismo ministerial o encargado de facer as probas pertinentes. Un destes casos pasou a enfermidade no mes de xaneiro e o outro está pasando a enfermidade na actualidade.

Despois de recibir a alerta sanitaria por parte do Ministerio de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou do inicio dunha busca activa de casos, tamén con carácter retroactivo, de persoas ingresadas neste ano. 

O sistema de vixilancia epidemiolóxica galego detectou o primeiro caso en xaneiro, cunha evolución positiva, e o outro caso actualmente activo, que tamén evoluciona favorablemente.

A Consellería de Sanidade sinala que permanece alerta na detección de casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar