Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta, interesada en manter os vencellos de irmandade co Brasil

A Xunta, interesada en manter os vencellos de irmandade co Brasil

Diego Calvo, o vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, reuniuse con Beira Cintia Álvarez, consulesa xeral do Brasil en Madrid

G24.gal 22/06/2023 14:07

A visita coincide coa recepción do consulado itinerante do Brasil esta semana en Santiago de Compostela para facilitar á cidadanía a xestión dos seus trámites evitándolle desprazamentos á capital madrileña

O Brasil é un dos países con máis residentes galegos e a comunidade galega é a máis numerosa da xurisdición do consulado do Brasil en Madrid, con 9.000 persoas brasileiras que viven en Galicia.

Diego Calvo agradeceu a visita institucional da consulesa para sentar as bases dunha futura relación de colaboración e destacou os lazos histórico-culturais que unen ambos os territorios e a importancia que supuxo para a galeguidade nos tempos de emigración. A importancia dos vínculos de Galicia co Brasil son innegables, xa que se trata dun dos países do mundo con máis residentes galegos e galegas.

Fai falta aclarar que o Consulado do Brasil en España divídese nas xurisdicións de Barcelona e Madrid, e a de Galicia formase parte desta última.

Así, a comunidade máis numerosa da xurisdición do Consulado de Brasil en Madrid é a galega, cuns 9.000 cidadáns brasileiros na comunidade galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade