Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta esixe diálogo para solucionar o paro do transporte

A Xunta esixe diálogo para solucionar o paro do transporte

A conselleira de Infraestruturas anuncia a inxección de 3,5 millóns de euros no sector do transporte público por estrada

Ethel Vázquez fala de colapso e preocupación máxima polos efectos do paro en Galicia e urxe o Goberno a dialogar 

Aféalle á Delegación do Goberno en Galicia a ausencia de dispositivos que garantan o transporte de produtos esenciais

G24.gal 20/03/2022 10:02

A Xunta inxectará 3,5 millóns de euros ás concesionarias do transporte público de viaxeiros por estrada para paliar a suba dos carburante no sector. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciouno esta mañá nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega. Ethel Vázquez asegurou que fronte á pasividade do Goberno central para buscar solucións ao paro do transporte, a Xunta actúa onde ten competencias. 

"De xeito inmediato aplicaremos unha inxección de algo máis de 3,5 millóns de euros para paliar os efectos da suba desbocada dos carburantes que está a afectar tamén este sector e facémolo para dar certezas a este sector do transporte público por estrada, dos autobuses da Xunta, porque é un servizo esencial".

Ethel Vázquez admite preocupación polos efectos do paro do transporte en Galicia e mesmo fala de "colapso", polo que urxe o Goberno a actuar e a que "abandone a pasividade". Tamén critica as declaracións dalgunhas ministras que aseguraron que a ultradereita alentaba este paro, porque, a xuízo de Vázquez, "apagar o lume botando gasolina non é unha medida para rematar un conflito".

Así mesmo, a conselleira de Infraestruturas critica a Delegación do Goberno en Galicia por non garantir corredores seguros para produtos esenciais e minimizar o impacto do paro. 

"O dispositivo da Delegación do Goberno o certo é que non está a dar solucións e as manifestacións da Delegación do Goberno non as consideramos serias, transmitindo que o impacto é mínimo, transmitindo que a situación non é preocupante e a situación -como digo- é de colapso, de alarma e de máxima preocupación". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar