Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta manterá no 2022 o bono eléctrico para consumidores vulnerables

A Xunta manterá no 2022 o bono eléctrico para consumidores vulnerables

Axudas de ata 450 euros anuais para evitar o corte da luz nos fogares

G24.gal 16/12/2021 14:59

O Consello da Xunta aprobou este xoves manter o ano que vén as axudas do Bono Eléctrico. O Goberno galego puxo en marcha esta medida no 2018 para completar o bono estatal e leva beneficiadas máis de 27.000 familias. O Bono Eléctrico son axudas de ata 450 euros anuais para pagar a factura da luz ás que se poden acoller os consumidores vulnerables para evitar o corte da subministración.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembra que Galicia é a única comunidade que mantén este complemento e explica que a Xunta decide amplialo para facerlle fronte ao alto prezo da enerxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade