Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta notifica dous casos de gripe aviaria en exemplares silvestres

A Xunta notifica dous casos de gripe aviaria en exemplares silvestres

G24.gal 29/08/2022 17:05

A Xunta comunicou oficialmente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de dous casos de gripe aviaria de alta patoxenicidade (IAAP) en aves silvestres.

Os casos foron confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), segundo indica a Consellería de Medio Rural, que explica que se detectaron en dous individuos de mascato (alcatraz común) no plan de vixilancia de gripe aviaria da Xunta.

Un dos exemplares foi recollido no porto de Cangas (Pontevedra), onde chegou a bordo dun pesqueiro e foi trasladado ao centro de recuperación de fauna silvestre en Carballedo, na mesma provincia, onde lle realizaron as probas.

O outro exemplar foi localizado nunha praia de Valdoviño (A Coruña) e foi trasladado ao centro de recuperación de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña).

O Goberno galego indica que a detección do virus da gripe aviaria non a afecta ao status sanitario oficial das explotacións avícolas na comunidade nin implica ningún tipo de restrición de movementos para as aves e os seus produtos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade