Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a cuarta comunidade con máis enfermos renais crónicos

Galicia é a cuarta comunidade con máis enfermos renais crónicos

Máis de 4.000 persoas precisan na nosa comunidade tratamento renal substitutivo
 

G24.gal 27/11/2024 14:30

Os riles non doen, por iso ás veces a enfermidade detéctase demasiado tarde. Ten aumentado un trinta por cento nos últimos dez anos, o que leva a unha situación que de seguir aumentando non será sostible. E dentro destas cifras Galicia é unhas das comunidades cunha maior prevalencia.

Segundo os especialistas débese probablemente a idade da pobación, á prevalencia de hipertensión e a diabetes que son as causas máis frecuentes da enfermidade renal.  A boa nova é que se pode previr se nos informamos a tempo e evitamos moitos dos factores que a producen.

Certo é que a enfermidade afecta máis ás persoas maiores, pero a infancia é o mellor momento para comezar a coñecela.

Por iso dende a Fundación Renal teñen en marcha un proxecto en forma de libro que está a facer paradas nos centros educativos, como este da Coruña para concienciar da importancia que ten coidar dende ben cedo os nosos riles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade